Inicio Galicia Controlado o incendio forestal no concello pontevedrés da Estrada, parroquia de Sabucedo

Controlado o incendio forestal no concello pontevedrés da Estrada, parroquia de Sabucedo

0

Segundo as últimas estimacións, o lume afectou 75 hectáreas, das cales 74 son de monte raso e 1 de arborado

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés da Estrada, parroquia de Sabucedo, quedou controlado ás 01,50 horas desta madrugada.

O lume comezaba ás 16,37 h. de onte e, segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 75 hectáreas, das cales 74 corresponden a monte raso e 1 a arborado. Para extinguir este incendio mobilizáronse 8 axentes, 16 brigadas, 8 motobombas, 2 pas e 6 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Leer más:  El BNG solicitará la comparecencia de Rueda por no permitir que Galicia tenga control sobre su presupuesto

- Te recomendamos -