Inicio Galicia Consumo ofrece asesoramento aos usuarios afectados polo corte de subministración eléctrica a...

Consumo ofrece asesoramento aos usuarios afectados polo corte de subministración eléctrica a causa do temporal

0

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia informa na súa oficina de Lugo e no teléfono 900 23 11 23 sobre como presentar as reclamacións polo tempo que pasaron sen subministración e polos prexuízos que isto ocasionou nos fogares

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, ofrece asesoramento na presentación de reclamacións aos usuarios que a pasada fin de semana se viron afectados polos cortes de electricidade debido ao temporal que viviu Galicia, e de xeito especial a provincia de Lugo.

Tanto nas súas oficinas, situadas nas sete principais cidades galegas, como no número de teléfono 900 23 11 23, o organismo autonómico achega aos particulares afectados información e asesoramento sobre os seus dereitos como consumidores e usuarios.

Os consumidores lucenses, que teñen á súa disposición a oficina situada na Delegación territorial da Xunta en Lugo (Rolda da Muralla, 70), poden informarse sobre como presentar as reclamacións polo tempo que pasaron sen subministración eléctrica e polos posibles danos e prexuízos que os cortes de luz ocasionaron nos seus fogares. Para iso, recoméndase conservar todo tipo de documentos e tíckets de compra que poidan xustificar as perdas e danos.


- Te recomendamos -