Inicio Galicia Conecta Fiction Fest amósalle ao público galego o mundo das series desde...

Conecta Fiction Fest amósalle ao público galego o mundo das series desde dentro con proxeccións, talleres e unha exposición

0

Celebrarase en Santiago os días 21 e 22 de xuño no marco do encontro internacional de coprodución de ficción televisiva Conecta FICTION, coa Xunta de Galicia como principal promotora

Conecta FICTION, encontro internacional dedicado á coprodución de series de televisión, abrirase ao público galego a través do seu festival de series, que terá lugar en Santiago de Compostela os días 21 e 22 de xuño como unha das principais novidades na programación deste ano. Ao igual que o evento que o acolle, Conecta FICTION FEST conta coa Xunta de Galicia como principal promotora, neste caso xunto á Fundación SGAE e en colaboración con Movistar+.

Proxeccións e maratóns de series, presentacións cos equipos e protagonistas das producións, dous obradoiros e a exposición Velvet Colección danlle forma ao programa do festival, que nesta primeira edición se dedicará en exclusiva a títulos de Movistar+. O Auditorio Abanca e o Teatro Principal acollerán todas estas actividades, de entrada gratuíta previo rexistro a través do web conectafictionfest.com.

Os proxectos que se poderán ver en Conecta FICTION FEST son El día de mañana, de Mariano Barroso; Félix, dirixida por Cesc Gay; La Zona, de Jorge Sánchez-Cabezudo; Matar al padre, de Mar Coll; Mira lo que has hecho, dirixida Carlos Therón; e Vergüenza, de Juan Cavestany e Álvaro Fernández Armero.

PreestreaAta Santiago de Compostela desprazaranse parte dos equipos dalgunhas destas series, como é o caso da actriz Aura Garrido e do realizador Mariano Barroso, que presentarán a preestrea dos episodios 1 e 2 de El día de mañana, unha das novas apostas de produción propia de Movistar+.

Tamén se contará coa directora Mar Coll para o pase do primeiro episodio de Matar al padre e cos actores Javier Rey e Marta Hazas mais a produtora Teresa Fernández Valdés, de Bambú Producciones, para o pase dedicado a Velvet Colección. Este título será, ademais, o eixo da exposición que poderá visitarse no Teatro Principal os días do festival, de 18,00 a 22,00 h., e na que se amosarán pezas de vestiario que reflicten o glamour da época e estilo das Galerías Velvet.

Tamén estarán abertos ao público os dous talleres de Conecta FICTION FEST: Transmedia nas series de Movistar+, centrado nos casos de La peste e La zona, que impartirán Roger Casas-Alatriste, de El Cañonazo Transmedia, e Juanjo Mestre, de Fluor; e Os efectos especiais de La Peste, con Iván Benjumea, director técnico de Atípica Films, e José M. G. Moyano, director de postprodución da serie.

Conecta FICTION 2Este festival enmárcase na segunda edición de Conecta FICTION, que volverá converter Santiago en punto de encontro da industria televisiva de Europa e América. Catrocentos profesionais de 17 países, entre os que se atopan os representantes de 35 canles internacionais, asistirán a este evento de coprodución centrado ficción para televisión.

O evento dará comezo o luns 18, ás 19,30 h., cunha gala inaugural no Auditorio Abanca e estenderá o seu programa profesional ata o día 21 na Cidade da Cultura de Galicia con sesións de pitching, paneis, casos de estudo, master class, networking e reunións personalizadas. 


- Te recomendamos -