Inicio Galicia Conde valora o papel de Pérez Torres Marítima no sector loxístico galego...

Conde valora o papel de Pérez Torres Marítima no sector loxístico galego e destaca a súa aposta pola internacionalización

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou esta mañá as instalacións que o grupo ten no porto de Ferrol

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, valorou hoxe o importante papel que o grupo Pérez Torres Marítima ten no sector loxístico galego e destacou a súa aposta pola internacionalización, durante a visita que realizou ás instalacións que a empresa ten no porto de Ferrol.“Pérez Torres Marítima é o principal operador loxístico de Galicia, sinónimo de solucións integrais baseadas na eficiencia e na eficacia”, asegurou Conde quen lembrou que se trata dunha empresa familiar con máis de medio século de vida e que superou con éxito a segunda xeración familiar.

O conselleiro explicou que o grupo facturou 140 millóns de euros en 2017, moveu 20 millóns de toneladas de mercadorías, conta con 600 empregados e presenza en sete países. Segundo Conde, as claves do éxito están na súa profesionalización, en adaptar a súa dimensión para competir nos mercados globais, na busca de solucións a través da innovación e das novas tecnoloxías, así como na súa internacionalización e na oferta de respostas a medida das necesidades das compañías. Neste sentido, lembrou que traballa en todas as actividades relacionadas co transporte marítimo e que atopou o seu elemento diferenciador nesas solucións especializadas e no transporte de proxectos de especial dificultade, como equipamentos do sector eólico.

Leer más:  El BNG reclama al Gobierno central que renueve y amplíe el parque móvil ferroviario de Galicia

O conselleiro incidiu na importancia do sector loxístico en Galicia, que supón o 3,9% do PIB da Comunidade, e salientou que cobra cada vez máis importancia en calquera economía que queira ser competitiva. Por iso, a Xunta conta cunha Estratexia Integral de Optimización Loxística que pretende identificar as medidas e actuacións que permitan facer de Galicia unha plataforma loxística única: “Temos as infraestruturas e un grado de dixitalización importante para dar as respostas que o mercado pide e ser máis competitivos”, afirmou.


- Te recomendamos -