Inicio Galicia Conde sinala que a suma de esforzos a través da colaboración público-privada...

Conde sinala que a suma de esforzos a través da colaboración público-privada abre novas portas aos emprendedores

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago na presentación dos 17 proxectos que forman parte do Espazo de Emprendemento ‘Formación en management musical’ que desenvolve a Escola de Organización Industrial (EOI) en colaboración coa Fundación Paideia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, afirmou hoxe en Santiago, nun acto no que coñeceu os 17 proxectos que están a participar no Espazo de Emprendemento Formación en management musical, que a suma de esforzos e a colaboración público-privada debe contribuír a abrir novas portas aos emprendedores. A aceleradora que se desenvolve na cidade compostelá lévase a cabo grazas á cooperación entre a Fundación Paideia e a Escola de Organización Industrial (EOI).

Na liña deste coworking, o titular de Economía apuntou que desde 2016 a Xunta desenvolve coa EOI este tipo de iniciativas coas que se consolidaron 8 aceleradoras, nas que se promoveron 303 proxectos coa participación de 370 emprendedores galegos. Entre estes espazos, Conde salientou o coworking que tamén ten lugar en Santiago vinculado á industria audiovisual e o sector cultural galego, un sector que xera 30.000 empregos e representa o 2% do PIB galego.

Formación en management musical promove proxectos centrados na organización de espectáculos e eventos, na dinamización cultural de espazos municipais en desuso, na xestión e promoción de carreiras artísticas, na produción musical e audiovisual e no impulso a novos talentos musicais, entre outros plans. Conde indicou que o talento e a innovación na que se basean estes proxectos son dous elementos diferenciais que se están a impulsar desde a Xunta para que Galicia siga destacando pola súa diversidade e por ser unha terra de oportunidades.


- Te recomendamos -