Inicio Galicia Conde sinala que a innovación, a formación e a internacionalización son os...

Conde sinala que a innovación, a formación e a internacionalización son os tres eixos para consolidar o crecemento do tecido produtivo

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na cidade herculina no Pleno da Cámara de Comercio da Coruña


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apelou hoxe ao traballo conxunto e a manter un diálogo fluído entre a Xunta e a Cámara de Comercio da Coruña no Pleno que na cidade herculina celebrou este organismo. A Cámara inicia unha nova etapa con retos e obxectivos que, en palabras de Conde, comparte a Administración autonómica: axudar ás empresas a crecer e modernizarse a través da innovación, a formación e a internacionalización.

O titular de Economía explicou que son tres eixos e as novas regras do mercado nas que está actuando a Consellería de Economía, Emprego e Industria para axudar ao tecido produtivo galego a consolidar o seu crecemento. Así, indicou que en materia de innovación, o Goberno galego impulsará proximamente a través da nova convocatoria 12 Unidades Mixtas de Investigación que mobilizarán 27 millóns de euros e que se suman ás 30 que xa están en marcha.

No eido da formación, apuntou que a Administración autonómica está apoiando con 5,4 millóns de euros a formación á carta de 3200 traballadores e desempregados en 83 empresas a través das Unidades Formativas.

Leer más:  Pontón pide al Partido Popular que deje de luchar contra el idioma gallego y opte por un amplio consenso a favor de la lengua

En materia de internacionalización, Conde sinalou que a Cámara da Coruña é unha das aliadas da Xunta nas misións comerciais coas que acompaña ás empresas galegas que apostan por expandir as súas vendas a novos mercados.

Conde explicou que un esforzo constante por innovar é necesario para adaptarse ás demandas dos consumidores e competir no mercado global e que a aposta inequívoca polo emprego estable e de calidade trae consigo novos perfís laborais que requiren persoal cualificado. Así mesmo, sinalou que saír ao mercado exterior fai máis grande a unha empresa.

Concellos EmprendedoresO conselleiro afirmou, ademais, que o Plan Industrial da Cámara de Comercio para A Coruña e a súa área de influencia está en sintonía coa Lei de implantación empresarial que permite máis axilidade administrativa na tramitación, reducindo á metade os prazos; máis incentivos fiscais; e máis facilidades para adquirir unha parcela nun polígono industrial. Resaltou que é unha normativa que ofrece respostas ás principais demandas que hoxe en día teñen as empresas. Así mesmo, puxo en valor a figura dos Concellos Emprendedores que se están comprometendo con bonificacións dos impostos locais e no prezo do solo. Na actualidade, xa son 72 -a sexta parte da provincia da Coruña (12)- os concellos galegos que se adheriron ao convenio de colaboración asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para impulsar en Galicia a captación de novos investimentos.

Leer más:  Un velero con tres tripulantes quedó sin timón después de una interacción con orcas en Fisterra y tuvo que ser remolcado

Conde subliñou que a Lei de implantación empresarial tamén permite aos concellos que desenvolvan parcialmente polígonos industriais, de tal modo que poden ofrecer solo industrial a medida en función da demanda de cada momento.

O titular de Economía salientou que a aposta decidida da Xunta por executar estas medidas e o xeito de que o Goberno galego sexa responsable, coherente e estable está favorecendo a consolidación da recuperación económica. Ao respecto, remarcou que Galicia creceu no primeiro trimestre do ano un 3,1%, por encima da medida estatal (2,9%), encadeando 10 trimestres consecutivos (2 anos e medio) cun crecemento do PIB igual ou superior ao 3%. En palabras de Conde, este clima de estabilidade tamén favoreceu que as empresas galegas marcasen o mellor ciclo exportador da súa historia, superando a barreira dos 21.000 millóns de euros con máis de 6700 compañías galegas que saíron ao exterior en 2017.

Para rematar, o conselleiro felicitou a Antonio Couceiro, que vén de revalidar o seu cargo ao fronte da Cámara de Comercio da Coruña e recentemente foi nomeado presidente da Confederación Española de Sociedades de Garantía Recíproca. 

Leer más:  Hallan con vida cerca de su casa al octogenario de Santiago que llevaba desaparecido desde el jueves

- Te recomendamos -