Inicio Galicia Conde salienta ante o alumnado do colexio Torre de Lemos de Monforte...

Conde salienta ante o alumnado do colexio Torre de Lemos de Monforte a importancia dos dereitos e liberdades da Constitución

0


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe no CPR Plurilingüe Federación Educativa Torre de Lemos nunha conferencia sobre O papel das administracións públicas nestes 40 anos de democracia, na que destacou a importancia dos dereitos e liberdades que se recollen na Carga Magna e o espírito de acordo co que se elaborou e aprobou.

O titular de Economía sinalou que a Constitución defende o diálogo, garante as liberdades da cidadanía, respecta a diversidade, facilita o progreso social e económico e protexe e fundamenta a democracia, polo que apelou á responsabilidade de toda a cidadanía e, en especial, das xeracións máis novas para manter vivo nun futuro o espírito coa que naceu. Conde, así mesmo, destacou que o papel da administración pública nestes 40 anos foi o de facer de valedora dos dereitos fundamentais que recolle a Carta Magna, afirmando que a Constitución é, ademais, garante de que a administración pública serve e responde aos intereses dos cidadáns.

Para rematar, o conselleiro salientou que unha das principais prioridades da Xunta nestes últimos anos está en conseguir que a administración pública galega sexa un exemplo de accesibilidade e de axilidade burocrática recordando avances que se acadaron ao longo destes 40 anos e que permitiron converter ao país en moderno, plural e con servizos públicos eficientes e de calidade.  


- Te recomendamos -