Inicio Galicia Conde afirma que a colaboración co tecido empresarial é clave para seguir...

Conde afirma que a colaboración co tecido empresarial é clave para seguir consolidando o crecemento da economía

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago no Foro Nueva Tribuna no que defendeu a colaboración e o diálogo co tecido empresarial para seguir impulsando o crecemento da economía e a competitividade do sector industrial.

Conde destacou que o obxectivo da Xunta é que a industria innove máis, que siga batendo récords de exportacións como nos últimos cinco anos e que xeren cada vez máis emprego cualificado. Para iso, indicou que os Orzamentos da Consellería de Economía, Emprego e Industria para 2019 fan unha aposta clara pola innovación para dar impulso á transformación dixital da industria e avanzar na transferencia de coñecemento.

As Contas de 2019 tamén reforzan os programas para captar novo tecido empresarial en Galicia, proseguen na implantación das enerxías renovables e a cultura da eficiencia enerxética e, sobre todo, poñen o foco na creación de emprego de calidade a través da formación para que o mercado laboral poida acompasar as necesidades dunha industria cada vez máis tecnolóxica.

Leer más:  El PSdeG pide a la Xunta un Plan de Formación adicional para los profesionales de la salud

- Te recomendamos -