Trinta deles son de nova incorporación este curso, mentres que outros 20 continúan tras desenvolver esta iniciativa como proxecto piloto
Un total de 50 centros educativos de toda Galicia contarán este curso cun laboratorio de radio na súa biblioteca escolar a través do programa Radio na Biblio, impulsado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Deles, 30 son centros de nova incorporación neste curso 2018/19, mentres que os outros 20 continúan tras desenvolver esta iniciativa como un proxecto piloto no curso 2017/18. Todos eles forman parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe).
Para seleccionar os centros a Consellería tivo en conta a valoración acadada pola memoria da biblioteca do pasado curso 2017/18 (polo proxecto presentado, no caso dos centros que se incorporaron ao Plambe este curso) e a localización xeográfica dos centros, dando prioridade aos que se atopan en concellos do ámbito rural.
O obxectivo deste programa é que o alumnado avance na adquisición das competencias informacionais e mediáticas, imprescindibles na sociedade actual. Así mesmo, procúrase estimular o papel das bibliotecas escolares como “centros creativos de aprendizaxes”, tal e como establece o Plan Lía 2016/20. Asemade, búscase ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo da comunidade educativa. Neste sentido cómpre sinalar que a posta en marcha de iniciativas de radio en centros educativos ten demostrado ser unha boa ferramenta para xerar dinámicas de comunicación, de apoio aos proxectos do centro, dos traballos elaborados polos alumnos, etc.
Centros de nova incorporaciónOs centros que se incorporan neste curso ao proxecto son os seguintes:
Normal
0
false
false
false
GL
X-NONE
X-NONE
Provincia
- Te recomendamos -