A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e mailo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participaron hoxe na homenaxe a Ubaldo Rueda, recén xubilado logo de 40 anos de servizo docente -primeiro como profesor e logo como director- no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
Como antiga alumna do Rosalía de Castro, a conselleira Carmen Pomar fixo referencia ás lembranzas máis persoais do seu paso polas aulas deste instituto ao que cualificou como “un dos centros de referencia” dentro e fóra de Galicia, como o avalan os distintos recoñecementos acadados tanto a nivel nacional como internacional.
Pola súa banda, Román Rodríguez destacou que, ademais de ser un exemplo de boas prácticas no eido docente, Ubaldo Rueda tamén foi “un gran dinamizador cultural desde o instituto, posibilitando que o alumnado puidese coñecer a destacados escritores nacionais e internacionais a través dos premios San Clemente”.
- Te recomendamos -