Inicio Galicia Belén do Campo inaugura na Coruña a mostra de produtos rexionais ?Da...

Belén do Campo inaugura na Coruña a mostra de produtos rexionais ?Da terra e do mar a maior calidade?

0


A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, inaugurou esta mañá na Coruña a mostra de produtos rexionais “Da terra e do mar a maior calidade”, que organiza o centro Carrefour de Alfonso Molina para promocionar os produtos galegos con selo de calidade.

A directora xeral agradeceu o compromiso desta compañía distribuidora na posta en valor dos alimentos do mar e do agro que teñen unha calidade certificada, potenciando tamén o traballo dos pequenos produtores e dos alimentos ecolóxicos, que cada vez teñen máis consumidores. Belén do Campo lembrou que en Galicia hai actualmente un total de 33 selos de calidade e destacou o peso que teñen na economía da nosa comunidade e na identificación da marca Galicia, que destaca entre outras cousas pola nosa gastronomía. A director agradeceu este tipo de promoción, pois redunda directamente en beneficio do medio rural en xeral e do agrario en particular.

Leer más:  Un anciano de ochenta años fallece en Vilardevós (Ourense) después de que su tractor volcara

- Te recomendamos -