O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe na presentación do torneo feminino de golf Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade International Ladies Open, que se celebrará do 4 ao 6 de xullo nas instalación do hotel balneario Augas Santas de Pantón e que conta co patrocinio da Xunta a través de Turismo de Galicia, desde a súa primeira edición (2013)Balseiro sinalou que a proba, na que participan case 200 deportistas, tense convertido nunha proposta consolidada “capaz de atraer a un público esixente que busca destinos de calidade”, e considerou un acerto vinculalo á candidatura da Ribeira Sacra ante a Unesco porque “combina as oportunidades de gozar do golf e dunha magnífica contorna”.
- Te recomendamos -