Inicio Galicia Balseiro participa na presentación da Semana Náutica de Ribadeo que terá lugar...

Balseiro participa na presentación da Semana Náutica de Ribadeo que terá lugar do 6 ao 9 de agosto

0


Ribadeo (Lugo), 26 de xullo de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou na presentación da XXVIII Semana Náutica Ría de Ribadeo, que terá lugar do 6 ao 9 de agosto e que incluirá as tradicionais regatas de veleiros, cruceiros, vela lixeira e zalea. Ademais, tamén tivo lugar a cerimonia de izado das bandeiras azul e Q de Calidade Turística acadadas polo Club Náutico ribadense.

Balseiro felicitou aos organizadores por promover estas actividades que contribúen a dinamizar e difundir os atractivos de Ribadeo e da súa comarca e salientou que as bandeiras de calidade recibidas recoñecen a excelencia das instalacións do club náutico, e o bo traballo que está a desenvolver a súa directiva. 

Leer más:  La defensora insta a luchar contra la doble discriminación hacia mujeres con discapacidad, migrantes o en situación de exclusión social

- Te recomendamos -