Inicio Galicia Balseiro participa na inauguración da segunda edición do Festival do Viño da...

Balseiro participa na inauguración da segunda edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos

0


O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou no acto de inauguración da segunda edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra, que se celebra esta fin de semana en Monforte de Lemos.

O delegado subliñou que o viño “amósase unha vez máis como o gran dinamizador desta zona” e afirmou que as feiras e eventos que se suceden en torno á denominación de orixe nestes meses serven para “atraer cada vez a máis visitantes e para dar proxección ás adegas da comarca”.

Leer más:  Un anciano de ochenta años fallece en Vilardevós (Ourense) después de que su tractor volcara

- Te recomendamos -