O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou hoxe o valor da neurofisioloxía clínica na detección precoz das enfermidades graves do sistema nervioso, durante a inauguración da LVI Reunión anual da sociedade española desta especialidade.
Segundo afirmou o conselleiro, todos os complexos hospitalarios do Servizo Galego de Saúde teñen unha unidade de neurofisioloxía e nelas realízanse arredor de 70.000 probas anuais. Tamén subliñou o papel do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, que foi o primeiro centro galego en realizar a técnica de implante de estimuladores cerebrais para tratar o Parkinson. Ademais, o Hospital Clínico é centro de referencia no Sistema Nacional de Salud para epilepsia refractaria desde o ano 2010 e en cirurxía de trastornos do movemento desde 2012.
- Te recomendamos -