Inicio Galicia Ángeles Vázquez: ?O Plan Leader foi pioneiro en apoiar o emprendemento dos...

Ángeles Vázquez: ?O Plan Leader foi pioneiro en apoiar o emprendemento dos axentes particulares no mundo rural?

0

Segundo a conselleira do Medio Rural, este programa europeo foi dos primeiros en comprender a importancia de que foSe a propia xente a que decidise onde investir

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, inaugurou hoxe o primeiro encontro Leader Galicia no que se deron cita representantes dos distintos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) para compartir experiencias e impresións. Alí, Vázquez destacou que o plan Leader foi pioneiro á hora de apoiar aos emprendedores particulares. “Entendeu a importancia de que a administración pública actúe da man das iniciativas privadas para apoiar o noso rural”, destacou a conselleira. Indicou que non só as entidades públicas deben aportar fondos para o desenvolvemento económico, senón que deben servir de apoio para todos eses emprendedores, particulares ou asociacións, que teñen moito que aportar pero aos que lle faltan recursos.

De feito, esa precisamente é unha das características do plan Leader, a súa filosofía de abaixo cara arriba pola que son os propios veciños, agrupacións e entidades locais as que deciden onde é preciso investir os fondos europeos. De aí nacen os 34 GRD que hai actualmente en Galicia e que levan anos traballando e fomentando todo tipo de iniciativas: produtivas, de carácter social, turístico…

Só na anualidade 2017-2018 inxectáronse preto de 20 millóns de euros en máis de 300 proxectos en toda Galicia. Todos eles contribúen a dinamizar o noso rural co obxectivo último de asentar poboación nel.

Primeiro encontroEste primeiro encontro que se celebrou hoxe no concello do Pino ten por obxectivo que os membros que compoñen os GDR se coñezan e compartan sinerxías para formar redes de colaboración. De feito, participaron todo tipo de axentes relacionados co Leader: membros das asembleas xerais, equipos técnicos, beneficiarios de axudas… Ao acto tamén asistiu o director de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e o alcalde do Pino, Manuel Taboada.

A xornada consistía nunha serie de charlas e talleres que se complementan con actividades complementarias como unha exposición fotográfica e visionado de vídeos de proxectos Leader, mesas de negocio habilitadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) para facilitar o contacto entre promotores e información sobre os distintos GDR.


- Te recomendamos -