Inicio Galicia Ángeles Vázquez defende as festas gastronómicas, coma a do Galo de Curral,...

Ángeles Vázquez defende as festas gastronómicas, coma a do Galo de Curral, como xeito de impulsar as economías locais

0

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, asistiu hoxe á XXV festa do Galo de Curral para mostrar o seu apoio a esta feira que impulsa a economía non só do concello de Vila de Cruces, senón toda a contorna. A conselleira defende que este tipo de eventos son un dinamizador importante das economías locais, ao tempo que poñen en valor os nosos produtos agroalimentarios como é o caso do galo de curral.Ángeles Vázquez aproveitou tamén para enxalzar o traballo dos produtores desta carne que dende fai máis de 20 anos levan alimentando ao aire libre e con produtos naturais aos galos da raza de Mos.


- Te recomendamos -