Inicio Galicia Almuiña destaca que é necesaria a implicación e coordinación das estruturas sanitarias...

Almuiña destaca que é necesaria a implicación e coordinación das estruturas sanitarias e sociosanitarias para a atención e o coidado integral das persoas con alzhéimer

0

O conselleiro de Sanidade, acompañado pola directora xeral de Maiores, inaugurou esta tarde as XV xornadas interdisciplinarias de FAGAL (Federación Alzhéimer Galicia)


Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2018.- A atención ás enfermidades neurodexenerativas é unha prioridade para a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde. Actualmente en España hai 400.000 persoas diagnosticadas de Alzhéimer e as previsións indican que esta cifra podería multiplicarse por catro nos próximos cincuenta anos. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou que ademais en Galicia o envellecemento poboacional e a dispersión xeográfica “fan aínda máis necesaria a implicación e coordinación das estruturas sanitarias e sociosanitarias na atención e o coidado integral da persoa con Alzhéimer”.

Almuiña destacou que o Goberno galego é consciente desa necesaria coordinación, “especialmente nas persoas con demencia que residen en centros sociosanitarios da nosa comunidade e para elo puxemos en marcha un proxecto normativo que regulará a coordinación non só a nivel autonómico, senón tamén no nivel de área sanitaria, para realizar unha atención o máis personalizada posible”.

Sanidade tamén ten e un proxecto concreto (enmarcado na Estratexia SERGAS 2020) para a mellora da atención a pacientes con enfermidades neurodexenerativas, que consiste na elaboración e implantación dun procedemento asistencial integrado para as persoas afectadas por esta enfermidade.

Ademais, a Consellería de Sanidade e a Federación Alzhéimer Galicia contan cun convenio de colaboración. Entre os seus obxectivos, o conselleiro de Sanidade destacou o de darlle máis valor ao papel dos familiares e coidadores, “proporcionándolles actividades de información e apoio; e incidir na formación, porque somos conscientes de que dar unha formación de calidade aos profesionais que atenden ás persoas con Alzhéimer redunda nun beneficio directo para eles”.  


- Te recomendamos -