Inicio Galicia Almuiña destaca que a primeira carreira profesional do Sergas sitúase entre as...

Almuiña destaca que a primeira carreira profesional do Sergas sitúase entre as mellores do Estado

0

En concreto, destacou a inclusión do persoal interino e as contías superiores á media nacional


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou esta mañá que o acordo de carreira profesional do Sergas é histórico e sitúa este recoñecemento entre os mellores de España. Para Almuiña “Galicia pode ser un exemplo para todas as comunidades autónomas como noutras accións que se teñen feito para que dende outras comunidades sigan unha estela similar”. Destacou especialmente que acada uns criterios superiores ao resto das comunidades en especial coa inclusión do persoal interino e con contías superiores á media nacional.

Jesús Vázquez Almuiña, a directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Marga Prado Vaamonde, e representantes dos sindicatos CESM, SATSE, CSIF, UGT e CIG, asinaron esta mañá o o acordo polo que se establecen as bases de carreira profesional no ámbito do Sergas e as entidades adscritas á Consellería de Sanidade ás que poderán concurrir os profesionais de todas as categorías profesionais do Servizo Galego de Saúde.“É unha carreira profesional voluntaria e avaliable, non é unha subida por subida, senón que ten unha serie de mecanismos para valorar a asistencia, a formación, a investigación e todo aquelo que figure nos acordos de mellora da calidade do sistema sanitario galego” afirmou Almuiña.

Neste senso, Almuiña agradeceu o traballo realizado polo equipo da Dirección de Recursos Humanos do Sergas e a colaboración dos sindicatos e engadiu que “é un día, sinceramente de agradecemento a toda a xente que estivo traballando e aos profesionais, porque durante os anos máis difíciles eles seguiron mantendo o nivel de alta calidade que ten a sanidade galega”.

Claves do acordoA aprobación das bases da primeira carreira profesional ordinaria para o Servizo Galego de Saúde permite que se poidan acoller a ela de forma voluntaria todas as categorías de traballadores (médicos, enfermeiros, auxiliares de enfermería, administrativos e celadores) e o persoal dos entes adscritos.

No acto desta mañá anunciouse que a vindeira semana sairán publicadas as bases da carreira profesional no Diario Oficial de Galicia, e posteriormente a convocatoria para que en 2019 se poida obter o 60% das retribucións adicionais que correspondan e en 2020 poidan alcanzar xa o 100%.

A carreira profesional estrutúrase en cinco graos. Ao grao inicial poderán acceder en calquera momento todos os profesionais que reúnan os requisitos e a súa resolución terá efectos desde o mesmo día da solicitude. Respecto aos demais graos, o Sergas convocará cada ano os procedementos para acceder a eles, que durarán como mínimo un mes. Para ascender de graos será necesario, en todos os casos, superar unha avaliación e dispoñer dunha experiencia profesional determinada: para o grao 1, cinco anos no grao inicial; para os graos 2 e 3, cinco anos de permanencia no grao anterior (para os licenciados) ou seis (para o resto de persoal), e para o grao 4, sete anos no grao 3. 


- Te recomendamos -