Inicio Galicia Activo un incendio forestal no concello ourensán de Monterrei, parroquia de Vilaza

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Monterrei, parroquia de Vilaza

0

Segundo primeiras estimacións, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, rexistrado no concello ourensán de Monterrei, parroquia de Vilaza. O lume iniciouse ás 17,54 horas e segundo primeiras estimacións afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas.

Para extinguir este lume mobilizáronse 1 técnico, 4 axentes, 14 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 12 helicópteros e 5 avións.

Extinguido Vilariño de ConsoPor outra parte, ás 19,09 horas deuse por extinguido o incendio rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Padroalbar, que afectou o parque natural do Invernadeiro.

O incendio comezou ás 08,54 h. de onte, martes, e semella que foi producido por un raio. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie 0,79 hectáreas, a maior parte de monte raso. Para extinguir este lume traballaron 1 técnico, 7 axentes, 24 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 5 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  


- Te recomendamos -