Inicio Galicia Activo un incendio forestal no concello ourensán de Cualedro, parroquia de Montes

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Cualedro, parroquia de Montes

0

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas de monte raso

A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal activo arestora no concello ourensán de Cualedro, parroquia de Montes.

O incendio comezou esta madrugada ás 00,04 h. e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas de monte raso. Para extinguir este lume mobilizáronse 3 axentes, 8 brigadas, 4 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  


- Te recomendamos -