Cómpre recordar que está activas a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego e alerta por choiva
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar novas alertas laranxas por choivas e vento, que se suman as activadas por temporal costeiro en todo o litoral galego no día de hoxe.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), esperase alerta laranxa por vento que dará comezo ás 12 horas de hoxe, con ventos do Sur e Suroeste, poidendo acadar refachos de ata 100 qm/h. Afectará ao noroeste, oeste e suroeste da provincia da Coruña, mariña lucense e Rías Baixas, na provincia de Pontevedra.
No mar, espéranse ventos do suroeste, con forza 8. Na costa do noroeste e oeste da Coruña poderán acadar forza 9 ocasionalmente, con mar combinada do oeste de 5 a 6 metros. Esperase tamén alerta laranxa por choivas no oeste e suroeste da provincia da Coruña que dará comezo en torno ás 11 horas de hoxe, podendo acadar precipitacións acumuladas de 80 mm en 12 horas.
Ante as fortes chuvias, aconséllase circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, evitar pasar preto de árbores, paneis publicitarios, andamios e obxectos que poidan ser derrubados polo vento, non atravesar zonas inundadas ou que poidan chegar a asolagarse (pontes, torrentes, etc.), non aparcar nas ribeiras dos ríos, non utilizar vehículos lixeiros nin de pouca estabilidade ( bicicletas ou ciclomotores) e retirar todos os obxectos que poidan caer á rúa dende tellados, balcóns e ventás.
Recomendacións no marPor mor do temporal costeiro que afectará a todo o litoral, desde a Consellería do Mar aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.
Tamén os peiraos constitúen espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos. Nestes entornos, débense evitar os percorridos polas instalacións portuarias en especial en zonas de especial perigo como diques de abrigo, espaldóns, escolleras, escaleiras de acceso aos diques e peiraos, entre outros. Do mesmo xeito, débense evitar percorridos en vehículos preto dos peiraos así como aparcar nos portos, na medida do posible.É recomendable, ademais, non pasear preto dos bordos litorais, paseos marítimos e zonas próximas ao mar, sobre todo nas batidas polo vento. Tamén se recomenda non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres fixos ou automotor, así como, noutras edificacións que pola súas características construtivas poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas exteriores tales como cubertas metálicas.
Todos os medios do Servizo de Gardacostas de Galicia estarán en alerta para calquera incidencia que se poida producir a causa deste fenómeno meteorolóxico adverso. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
- Te recomendamos -