Inicio Galicia A Xunta valora a importancia de que o tecido empresarial galego aposte...

A Xunta valora a importancia de que o tecido empresarial galego aposte pola mobilidade sustentable

0

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visitou esta maña en Dodro a empresa de transportes Casas e Cía, que vén de renovar toda a súa frota con vehículos con motor de gas natural líquido


O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visitou esta mañá en Dodro as instalacións da empresa de transportes Casais e Cía da que valorou a súa aposta e compromiso coa mobilidade sustentable.

A firma vén de renovar toda a súa frota con vehículos con motor de gas natural líquido (GNL), un combustible que permite reducir as emisións e as partículas en suspensión, ademais da contaminación acústica, en concreto, emitiranse 15 toneladas menos por ano e camión de CO2.

O director xeral animou a que máis empresas sigan este camiño. Neste caso é a primeira firma de transporte de España que adapta toda a súa frota dunha sola vez á esta tecnoloxía, e destacou o seu compromiso como unha das participantes nas mesas de traballo que se celebran conxuntamente coa Consellería de Economía, Emprego e Industria para fomentar a implantación de tecnoloxías e combustibles menos contaminantes e o desenvolvemento dunha rede de subministración para aumentar os vehículos con motor de GNL.

Neste sentido, o director lembrou que este é, precisamente, un dos obxectivos recollidos nas Directrices Enerxéticas 2018-2020 que ten, na mobilidade sustentable, unha das súas prioridades. Así, nos próximos anos traballarase na renovación do parque móbil, na implantación do vehículo eléctrico ou na introdución do gas no transporte pesado como medidas que permitirán diminuír a emisión de gases contaminantes, a redución do consumo enerxético e un aforro económico de 162 millóns de euros neste período. Tamén se pretende aproveitar as capacidades da Comunidade para desenvolver en Ferrolterra un Hub de GNL.


- Te recomendamos -