Inicio Galicia A Xunta traslada ao Goberno central a necesidade de traballar conxuntamente na...

A Xunta traslada ao Goberno central a necesidade de traballar conxuntamente na defensa dos intereses da frota galega ante os novos regulamentos europeos

0

Galicia representa durante este semestre ás comunidades autónomas españolas en materia pesqueira ante a UE e trasladará ao Ministerio as súas propostas sobre os regulamentos de medidas técnicas, o de control e o do futuro Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para defendelas en Bruxelas

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, sinalou hoxe que a Xunta trasladará ao Goberno central os documentos e ditámenes coas propostas de Galicia en relación aos novos regulamentos do eido do mar nos que está a traballar a Unión Europea, que son o de medidas técnicas, o de control e o do futuro Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. O obxectivo, sinalou, é traballar co Goberno central, durante este semestre no que Galicia representa ás comunidades autónomas españolas en materia pesqueira ante a UE, para “mellorar determinados aspectos nestes regulamentos”.

Así o acordou a titular de Mar co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación na xuntanza que hoxe mantivo con el en Madrid e na que a conselleira fixo fincapé na necesidade de traballar conxuntamente na defensa dos intereses da frota española e, en particular da galega. Durante a reunión, explicou a conselleira, “o ministro mostrou moita receptividade aos temas que se lle expuxeron desde Galicia e agradeceu o traballo que estamos facendo a través do Consello Galego de Pesca”.

Leer más:  El Gobierno central defenderá en el Tribunal de Justicia de la Unión Europea la normativa estatal para la aprobación de proyectos eólicos, según la Xunta

Neste sentido, a conselleira sinalou que o ministro comparte a premisa que defende a Xunta de “traballar xuntos o sector, a administración e os científicos para ser capaces de convencer á UE das posibilidades de pesca que temos e para acreditar que en Galicia e en España se practica unha pesca sustentable e que esta actividade ten un forte impacto social e económico”. Nesta liña, explicou a titular de Mar, na reunión co ministro debateron sobre as propostas de Galicia ante estas normativas “que van supor un forte impacto para o sector pesqueiro”.

Unha delas é o regulamento de medidas técnicas, que abarca a definición de todos os aparellos de pesca, mallas, regulación de profundidades e tamaños mínimos das especies, entre outras cuestións e que actualmente está na fase dos trílogos para a codecisión. En relación a esta normativa, Rosa Quintana puxo de relevo a necesidade de verificar que as cuestións técnicas non supoñan un menoscabo para a frota galega. Neste sentido, explicou que Galicia rexeita a proposta de harmonización da Comisión Europea, xa que o regulamento afecta a pesquerías con realidades diferentes. En canto á normativa europea de control, que marca o control de trazabilidade dos produtos do mar e que está en fase inicial de discusión, a conselleira expuxo ao ministro a necesidade de corrixir aspectos inadecuados ás circunstancias da pesca galega, como o preaviso de descarga ou a normativa de transporte por estrada.

Leer más:  Drones de la Axencia Galega de Emerxencias se suman a la búsqueda del hombre de 80 años desaparecido en Santiago

Outro dos temas abordados foi a determinación do novo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca despois de 2020, de relevancia para Galicia, xa que é a rexión europea co maior volume de fondos deste instrumento. A titular de Mar explicou ao ministro que Galicia defende un futuro fondo de financiamento pesqueiro que dea continuidade ao actual Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, que mellore a aposta pola economía mariña e polo emprego e que estea centrado na importancia da actividade pesqueira e en conservar o seu carácter tradicional. Tamén un fondo que leve aparellada a simplificación administrativa, entre outros aspectos.

Estas propostas están recollidas no ditame sobre o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca despois de 2020, liderado por Galicia co presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo á cabeza e por encargo do Comité Europeo das Rexións (CdR). Este ditame recolle as propostas das rexións e cidades europeas e foi aprobado por unanimidade dos 350 membros do CdR en maio.

A situación da frota de recursos específicos –percebe, navalla, algas, ourizo e poliquetos- foi outro dos asuntos tratados. Neste sentido, Rosa Quintana trasladou a Luis Planas a necesidade de dar continuidade á negociación que estaba en marcha co anterior Goberno central para crear un novo censo para este tipo de frotas co obxectivo de que poidan desenvolver a súa actividade con maior seguridade.

Leer más:  Un camionero fallece al ser embestido por un vehículo después de descender del camión por un pinchazo en una rueda en la A-52 en Toén (Ourense)

Conferencia Sectorial de PescaAdemais Rosa Quintana asistiu hoxe á Conferencia Sectorial de Pesca, na que, entre outros temas, se tratou o calendario de paradas temporais. Na xuntanza a conselleira solicitou ao ministro a posibilidade de contemplar unha parada temporal para o mes de outubro para os barcos de cerco e xeito que participan no plan de recuperación da sardiña. Segundo explicou a conselleira, esta proposta foi ben acollida polo ministro, que quedou de estudala e podería adoptarse con carácter retroactivo para o 2018 e financiala no 2019.

A conselleira do Mar tamén propuxo a Luis Planas a necesidade de desenvolver medidas para promover o consumo de peixe e informar ben aos consumidores sobre o anisakis. Unha proposta sobre a que acordaron traballar o Goberno central e as comunidades autónomas co obxectivo de difundir información correcta ao consumidor sobre os beneficios que ten o consumo de peixe para a saúde. Neste sentido, a titular de Mar lembrou que o consumo de peixe fresco ben cociñado non ocasiona ningún problema aos consumidores.  


- Te recomendamos -