Inicio Galicia A Xunta subliña o compromiso do sector dos áridos coa sociedade a...

A Xunta subliña o compromiso do sector dos áridos coa sociedade a través da creación do emprego e a aposta pola sustentabilidade

0


O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, destacou hoxe na inauguración do V Congreso Nacional de Áridos, que se celebra ata o venres en Santiago de Compostela, o compromiso deste sector coa sociedade galega, tanto a través da creación de emprego como da súa aposta pola sustentabilidade.

Así, o director resaltou a importancia na economía galega desta industria, que emprega de xeito directo a 800 persoas na comunidade e cuxo emprego indirecto se cifra en 2.800 postos de traballo. Do mesmo xeito, sinalou que o sector, clave para a realización de obras públicas, leva a marca Galicia polo mundo, convertida xa nunha industria internacional.

Leer más:  El PSdeG pide a la Xunta un Plan de Formación adicional para los profesionales de la salud

- Te recomendamos -