A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda prevé sortear o vindeiro 28 de novembro oito vivendas de promoción pública, que o Instituto Galego da Vivenda e Solo está a construír na rúa Fermín Bouza Brey, no Concello de Ourense. O sorteo realizárase ante notario entre todos os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda na categoría de vivenda de promoción pública.
As vivendas que se sortearán están na fase final de construción e o IGVS realizou un investimento de preto de 800.000 euros.
Actualmente, o IGVS está a construír outras tres vivendas na rúa Cervantes e tamén está a rehabilitar outras cinco na rúa Vilar. Asemade, prevé adquirir varios inmobles no conxunto histórico para proceder á súa rehabilitación.
- Te recomendamos -