Inicio Galicia A Xunta sortea hoxe tres vivendas de promoción pública no concello de...

A Xunta sortea hoxe tres vivendas de promoción pública no concello de Cerdedo-Cotobade

0

Dúas das vivendas foron rehabilitadas recentemente polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, por un investimento de 302.000 euros

A Xunta de Galicia sorteou hoxe tres vivendas de promoción pública no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. O sorteo, ante notario, realizouse entre os inscritos no Rexistro de Demandantes.

Dúas das vivendas sorteadas son antigas vivendas de mestres rehabilitadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, incluídas nun grupo total de 10 vivendas que se rehabilitarán integramente. A obra de rehabilitación destas dúas vivendas, así como os tellados das 10 vivendas e outros elementos comúns rematou recentemente, cun investimento do IGVS de máis de 302.000 euros. Antes de finais de 2018 está prevista a licitación da rehabilitación das oito vivendas restantes.

A terceira vivenda sorteada hoxe corresponde a unha vivenda emprazada en Viascón. Neste caso trátase dunha segunda adxudicación, xa que a vivenda estivo ocupada anteriormente por outros adxudicatarios.

En ambos casos elaborouse unha lista provisional de adxudicatarios. Unha vez comprobado o cumprimentos dos requisitos polos integrantes da lista configurarase a definitiva e, posteriormente, comunicarase de forma individual a cada adxudicatario para que poidan visitar as vivendas e indicar a súa aceptación das mesmas.


- Te recomendamos -