Inicio Galicia A Xunta solicita a implicación dos concellos no saneamento da ría reparando...

A Xunta solicita a implicación dos concellos no saneamento da ría reparando a rede de sumidoiros, que en Pontevedra presenta máis de 100 deficiencias

0

Vázquez Mourelle salienta que os problemas da rede de colectores provocan que en determinadas horas un 30% da auga que entra na EDAR de Praceres é do mar, o que fai superar a súa capacidade e desvirtúa o tratamento


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, solicitou hoxe a implicación dos concellos no saneamento da ría, mediante a reparación da súa rede de sumidoiros, que no caso de Pontevedra presenta máis de 100 deficiencias.

Vázquez Mourelle salientou que os problemas da rede de colectores provocan que en determinadas horas un 30% da auga que entra na EDAR de Praceres é do mar, o que fai superar a súa capacidade e desvirtúa o tratamento.

Así o dixo tras a reunión da Mesa polo Saneamento da ría de Pontevedra, na que participaron as confrarías de mariscadores e bateeiros xunto cos concellos e a propia Xunta, o traballo que todos xuntos teñen por diante para culminar o saneamento da ría.

Apelou á colaboración de todos, rexeitando a posta de obstáculos por supor perpetuar os problemas da ría de Pontevedra, e subliñou que o traballo que está a liderar a Xunta na depuradora dos Praceres persegue un obxectivo a compartir polas confrarías, como representantes das máis de 1.000 familias que viven directamente da ría, e os concellos, como organismos competentes en saneamento e depuración.

A conselleira indicou que no curto prazo a Xunta aposta pola mellora da actual Estación Depuradora de Augas Residuais e a construción dun novo emisario, prevéndose ao seu termo unha mellora substancial da calidade da auga depurada da EDAR.

Avanzou que a vontade do Goberno galego de incorporar no posible as alegacións do Concello de Marín e dos mariscadores e bateeiros ao proxecto do emisario submariño. Ademais, informou de que esas obras e as da mellora da depuradora actual serán licitadas entre finais deste ano e comezos do vindeiroA conselleira subliñou o mantemento do compromiso da Xunta, que leva investido máis de 40 M€ no saneamento da ría, pese a ser unha competencia municipal, e no que se está disposta a investir outros 70 M€.

Ethel Vázquez asegurou que a día de hoxe, non actuar na depuradora dos Praceres supón o risco real de que a cualificación marisqueira da ría empeore e deixe fóra de xogo a esas máis de mil familias que viven destes recursos.

Na xuntanza, na que por parte da Xunta tamén estiveron a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, a directora do Intecmar, Covadonga Salgado, e o delegado territorial en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, a conselleira defendeu o compromiso da Xunta para axudar nesta competencia municipal de saneamento e depuración. 


- Te recomendamos -