Inicio Galicia A Xunta sitúa o turismo como un aliado do patrimonio cultural inmaterial...

A Xunta sitúa o turismo como un aliado do patrimonio cultural inmaterial que propicia a súa protección, difusión e mantemento

0

Celanova exalta en Vilanova dos Infantes os oficios tradicionais nunha celebración que forma parte das 120 festas declaradas de Interese Turístico de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participaron hoxe na XVII Romaría Etnográfica Raigame, unhas das 120 festas de Interese Turístico de Galicia e que se celebra en Vilanova dos Infantes, no concello de Celanova. Ambas participaron na entrega do Premio Honorífico Adolfo Enríquez, que nesta ocasión recaeu no Museo Etnolóxico de Ribadavia pola súa achega na recuperación e conservación neste eido.

As rúas de Vilanova dos Infantes enchéronse nesta xornada de postos onde numerosos artesáns amosaron as técnicas dos seus oficios tradicionais: fragueiros, ferreiros, palilleiras, zoqueiros, panadeiros ou cesteiros, entre outros. No marco do Ano Europeo do Patrimonio Cultural que se está a conmemorar neste 2018, o Goberno galego subliñou a contribución da actividade turística á posta en valor, á difusión e á preservación do patrimonio inmaterial.“Sabemos que o turismo é un sector aliado do patrimonio cultural e propicia que podamos gozar del e, ao mesmo tempo, sexa protexido”, sinalou Nava Castro. Neste sentido, lembrou que a Estratexia do turismo de Galicia 2020 traballa a prol da autenticidade e dos valores diferenciadores da Comunidade como destino. Unhas da liñas de traballo desta Estratexia diríxese precisamente á potenciación dunha oferta singular cun orzamento de máis de 7 millóns de orzamento, o 12% do total, onde tamén esta presente o patrimonio inmaterial.

Novo Plan de Turismo RuralDesde a Xunta apoiase o turismo cultural como factor clave na desestacionalización, que permite atraer visitantes e contribúe á redistribución de fluxos por todo o territorio. Amais, está a desenvolver un novo Plan estratéxico de turismo rural que beneficiará tamén a zonas do interior, como Celanova, un concello no que Turismo de Galicia xerou o pasado ano un investimento de máis de 55.000 euros dirixido a diferentes accións de mellora e promoción.

A estratexia de diversificación está a dar os seus froitos no primeiro trimestre do ano, como evidencia o feito provincia de Ourense tivera un comportamento moi positivo nese período. En concreto, aumentou o seu número de viaxeiros un 20% con ata un 17% máis de noites. 


- Te recomendamos -