Inicio Galicia A Xunta salienta o papel dos Grupos de Desenvolvemento Rural impulsando a...

A Xunta salienta o papel dos Grupos de Desenvolvemento Rural impulsando a xeración de emprego no ámbito local

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, visitou en Vilalba a empresa On Seguridad, que recibiu 245.000 euros en axudas nos últimos anos, para a constitución e agora para a súa expansión


O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, salientou hoxe o importante papel que xogan os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), que dependen da Consellería do Medio Rural, no impulso a proxectos que xeran emprego no ámbito local.

Balseiro visitou hoxe as instalacións do Grupo On Seguridade, no polígono industrial Sete Pontes de Vilalba, unha empresa que nos últimos anos recibiu máis de 245.000 euros en achegas do GDR Terra Chá, primeiro para a súa constitución -no ano 2011- e actualmente para a súa expansión. Esta contía supón o 34% dos máis de 731.000 euros de investimento subvencionable realizado polos promotores.

Balseiro puxo a esta empresa como exemplo do desempeño dos GDR, “que están ao carón dos emprendedores, colaborando para que as iniciativas de negocio viables non se queden no caixón por falta de financiamento axeitado”.

Leer más:  Del Prestige a Pelegrín o la inacabable comisión de cajas: historia de las investigaciones políticas en el Parlamento

Neste caso, apuntou o delegado, o proxecto naceu con 10 postos de traballo que conseguiu duplicar nestes anos. A empresa ten actualmente 26 traballadores, parte deles derivados doutro programa de colaboración coa Xunta, que financiou unha acción formativa específica -con compromiso de contratación- para esta empresa.

On Seguridade xurdiu da unión de varias empresas instaladoras e mantedoras de sistemas de seguridade, que sumaron esforzos e talentos para ser máis competitivos no sector e crear unha moderna central receptora de alarmas. A primeira das achegas do GDR foi destinado á compra do solar, a construción do inmoble e adquisición de equipamento.

A empresa conta con clientes en todo o Estado e actualmente está inmersa nun proxecto para crear un laboratorio de I+D+I propio no que desenvolver novos produtos e testar os existentes antes da súa comercialización, e tamén un centro de proceso de datos que permita xestionar procesos de eficiencia enerxética, de análise de vídeo ou sistemas contra incendio, entre outras melloras. Igualmente, instálanse placas solares para obter aforro enerxético.

Leer más:  Un trabajador del servicio de emergencias de Sanxenxo (Pontevedra) fallece tras sufrir una descarga eléctrica en su domicilio

Balseiro destacou a importancia deste proxecto en particular e de todos os que reciben apoio a través dos GDR para dinamizar o tecido socio-económico rural. Neste sentido, explicou que son os propios axentes do territorio os que valoran e seleccionan os proxectos no ámbito local, apoiando tanto iniciativas produtivas como non produtivas, de carácter social.


- Te recomendamos -