José González considera fundamental accións como esta feira para dignificar e promocionar os produtos de calidade en xeral e o galo de curral en particular
O vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural, José González, participaron esta mañá en Vila de Cruces na tradicional Feira de Nadal do Galo de Curral, onde destacaron a importancia de fomentar a produción agrogandeira de calidade para xerar crecemento económico e maiores rendas no rural galego. Tamén asistiron á esta feira o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores TourísAsí, José González manifestou que é precisamente a calidade dos produtos agroalimentarios o que distingue Galicia do resto do país, polo que é de vital importancia apostar por unha alimentación de calidade para os animais, mellorar a crianza, potenciar as razas autóctonas e aplicar os protocolos de sanidade animal existente. Todo isto, apuntou o conselleiro, permitirá elevar o prestixio dos produtos alimentarios e manter así o recoñecemento que ten a despensa galega.
Neste senso, o titular de Medio Rural considera fundamental accións como esta feira para dignificar e promocionar os produtos de calidade en xeral e o galo de curral en particular, e salientou o éxito das xornadas culinarias de Ecogastronomía, pois permiten ir máis alá das tradicionais feiras gastronómicas.
Finalmente, o conselleiro agradeceu o traballo e esforzo de todos os produtores de galo de curral, que souberon tamén apostar por unha actividade engadida, contribuíndo así a fixar poboación no medio rural -neste caso no concello pontevedrés de Vila de Cruces- e servindo como complemento á renda agraria.
- Te recomendamos -