Inicio Galicia A Xunta remata as obras da ponte do Xallas na que se...

A Xunta remata as obras da ponte do Xallas na que se investiron 420.000 euros

0

O delegado territorial, Ovidio Rodeiro, destacou que esta obra permitirá aumentar a durabilidade dunha ponte ubicada nun rincón único da xeografía galega 


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou, está mañá, as obras xa rematadas da ponte sobre o río Xallas, nos límites entre os concellos de Dumbría e Carnota, e que supuxeron un investimento de algo máis de 419.000 euros.

A ponte sobre a desembocadura do río Xallas no PQ 9+900 da estradaAC-550, presenta unha lonxitude total de 50,66 m cun trazado recto en planta. Consta dun único vano, formado por unha parella de arcos de formigón de 49,39m, situados baixo o taboleiro.

Aanchura total da estructura é duns 8,19 m. Os estribos son pechados de formigón en masa con muros en volta de fábrica.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda realizou obras sobre o taboleiro: mellora da drenaxe da calzada sobre os estribos; fresado do firme existente; impermeabilización e repavimentación do taboleiro; limpeza e reparación de barandillas; execución de xuntas de dilatación tipo mastic bituminoso, retirada de bloques graníticos individuales e reposición con pretiles graníticos; colocación de sumidoiros , báculos de iluminación, e barreira metálica e sinalización vertical e horizontal definitiva.

Ademais realizáronse actuacións baixo o taboleiro: reparación de desconchóns e corrosións das armaduras vistas; sellado de fisuras detectadas nos arcos, montantes e lousa; limpeza de humidades nos estribos; eliminación da pintura existente e aplicación de pintura anticarbonación; colocación de perfiles no paramento do estribo para evacuación de infiltracións procedentes da xunta; colocación de goterón nos extremos dos voladizos e disposición de novas baixantes en estribos de fábrica, reposición da bandexa de protección dos tubos de conducción de electricidade e telecomunicacións; reposición de baixantes e colocación de proxectores par a iluminación da ponte. Esta actuación foi realizada pola empresa Arias Infraestructuras S.

A. Os traballos desenvolvéronse concretamente no punto quilométrico 9+900 da AC-550, na desembocadura do río. A estrutura presentaba varios danos que, aínda que non supoñían ningún perigo dende o punto de vista estrutural, podían reducir a durabilidade da ponte.

Ovidio Rodeiro destacou “esta ponte está situada nun espazo de singular beleza e nun lugar único na nosa xeografía e que merece toda a atención e esforzo ”. Neste senso, apuntou que o resultado final das obras poñen en evidencia que esta inversión servirá para poñer en valor este rincón de Galicia e para garantir a seguridade e a durabilidade desta ponte”, rematou o delegado.


- Te recomendamos -