O delegado territorial da Xunta informou que esta actuación, que tivo un custe de case 60.000 euros, complementa as obras da senda e a pasarela de Marineda, co obxectivo de optimizar a integración paisaxística do conxunto
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, supervisou, esta mañá, a remate das obras da mellora da mediana verde da AC-552 PQ+270 a PQ+620, desde a glorieta de Díz López o centro comercial Marineda, no mesmo tramo no que se está executando a pasarela e a senda entre Agrela e Marineda.
Trátase dunha actuación complementaria do proxecto da pasarela, desenvolvida para mellorar a integración paisaxística do conxunto e para crear espazos verdes nunha das vías de acceso ao centro da cidade. Esta actuación, que no estaba prevista inicialmente, permitiu acondicionar e integrar paisaxísticamente a mediana da AC-552.
A aposta da Xunta de Galicia é crear un espazo verde axardinado con árbores que, unha vez rematada a obra da pasarela e da senda, se integrará en toda a zona creando un entorno, seguro, sustentable e integrado na paisaxe nunha das vías de maior afluencia de tráfico de A Coruña.
Neste senso, Ovidio Rodeiro, “recalcou que podiamos deixar a mediana como estaba pero dentro do proxecto global que estamos executando na zona era posible facer un esforzo maior e colocar unha mediana verde cun menor impacto visual e que permite unha maior harmonía entre a vía e o entorno”. “Facer este tipo de actuacións demostran que cando hai vontade se poden facer estradas máis amables e con menos impacto visual, especialmente as que son de acceso ás cidades”, puntualizou.
As características que definen a mediana construída son a plantación de 40 árbores tipo magnolios piramidais, a instalación dunha enreixado ríxido tipo Hércules a colocación de céspede artificial ante a dificultade do seu mantemento na mediana e o balizamento con 15 esferas de policarbonatoAs obras da pasarela e da senda iniciáronse ou pasado mes de abril e concluirán a finais de 2018 e investiranse 2 millóns de euros. Esta importante infraestrutura permitirá dar un salto cualitativo no reforzo da seguridade dos desprazamentos de peóns e vehículos entre o polígono empresarial e o centro comercial Marineda.
Esta intervención, ademais de reforzar a seguridade viaria e a mellora da mobilidade peonil, favorecerá a circulación viaria que repercutirá moi positivamente no transporte público, nunha das zonas especialmente transitada polos veciños e traballadores da contorna.
A actuación que está realizando a Xunta tivo o seu inicio na glorieta Eduardo Diz López ata o cruce coa rúa Newton. A construción da pasarela elevada de uso peonil e ciclista, duns 200 metros de lonxitude, permitirá comunicar ambas as dúas marxes da estrada autonómica a través dunha estrutura que será unha auténtica escultura. E unha senda pola marxe dereita, de máis de 700 metros, que irá ata a parada de autobús existente fronte ao centro comercial Marineda.
Desde o inicio da estrada ata a entrada á pasarela, a senda contará tamén con plataforma diferenciada para a circulación de ciclistas e de peóns, coidando especialmente, segundo subliñou a conselleira, a integración paisaxística de elementos da estrada, como é a mediana. No treito final, entre a pasarela e a parada de autobús, a senda compatibilizará o uso peonil e ciclista na mesma sección.
O delegado territorial lembrou as afeccións temporais ao tráfico derivadas da execución desta intervención. Co obxectivo de minimizar as incomodades temporais derivadas das obras, continúa o corte total do tráfico dende a rúa Newton ata a AC-552, habilitando como alternativa a rúa Galileo Galilei e en breve abrírase o carril cortado na mediana, dirección entrada á cidade, xa que o remate das obras da mediana é inminente. As limitacións non afectarán o tránsito peonil.
A actuación da Consellería de Infraestruturas e Vivenda na pasarela e o itinerario peonil e ciclista entre Agrela e Marineda está cofinanciada pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80%, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
- Te recomendamos -