A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, acompañada do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou na clausura da Xornada de Traballo sobre Responsabilidade Social e Inserción Laboral
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reiterou o firme compromiso en prol da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes, compromiso que vén materializando desde hai anos no desenvolvemento de medidas e instrumentos xurídicos, políticos, económicos e sociais orientados á supresión dos obstáculos que aínda persisten nos distintos ámbitos e que impiden que a igualdade sexa real e efectiva.
Susana López Abella, acompañada do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou esta mañá, no Museo do Mar en Vigo, na clausura da Xornada de Traballo sobre Responsabilidade Social e Inserción Laboral, onde indicou que a incorporación das mulleres ao mercado laboral, a permanencia no emprego e as súas condicións de traballo aínda están lonxe de producirse en condicións de igualdade.
Segundo indicou a titular de Igualdade, o VII Plan estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020, contempla unha área estratéxica de actuación relativa á igualdade no emprego e na innovación, e recolle como obxectivo específico «impulsar o emprendemento feminino e a mellora do tecido empresarial liderado por mulleres». Así, apoiar o empoderamento económico e social das mulleres fomentando o emprendemento feminino é unha das liñas básicas de actuación da Xunta de Galicia no marco da igualdade de oportunidades.
Lembrou tamén que para favorecer o emprego e o emprendemento feminino, a Xunta co Programa Emega que comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como para ter acceso a servizos específicos de acompañamento, asesoramento e titorización co obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres, polo cal destináronse dende o ano 2009 máis de 7,4 millóns de euros para financiar 544 proxectos cos que se crearon máis de 1.000 postos de traballo femininos.
- Te recomendamos -