Inicio Galicia A Xunta reitera a necesidade de articular unha resposta conxunta ás necesidades...

A Xunta reitera a necesidade de articular unha resposta conxunta ás necesidades das vítimas da violencia de xénero

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou na inauguración do Congreso Internacional “Violencia de Xénero versus Violencia contra as mulleres”, na Facultade de Dereito


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reiterou a necesidade de articular unha resposta conxunta ás necesidades das vítimas da violencia de xénero e apelou á coordinación entre Administracións e Xustiza para poder darlle apoio ás vítimas e familiares dende o primeiro momento.

Alfonso Rueda participou na inauguración do Congreso Internacional Violencia de Xénero versus Violencia contra as mulleres, na Facultade de Dereito, xunto á vicereitora de comunicación, cultura e servizos da USC, María do Mar Lorenzo; o decano da facultade de Dereito, Gumersindo Guinarte; a directora do Congreso, Raquel Castillejo, onde gabou iniciativas como esta para seguir divulgando e concienciando sobre esta lacra en todos os ámbitos, especialmente neste caso, no ámbito do dereito.

Nesta liña, indicou que a necesidade de articular unha resposta conxunta ten que vir de toda a sociedade no seu conxunto, de todas as Administracións e da Xustiza, traballando de maneira coordinada. Lembrou unha importante ferramenta de coordinación que está en marcha que é o Protocolo de Coordinación e Cooperación Institucional fronte á violencia de xénero, que suma esforzos a nivel autonómico, estatal, e xudicial. Ademais a nosa comunidade conta cun Observatorio da Violencia de Xénero, no que están integrados distintos departamentos da Xunta, concellos ou asociacións, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a Fiscalía Superior.

A Xunta no marco das competencias que ten sobre os xulgados galegos mantén atención prioritaria das necesidades de persoal ou material dos xulgados especializados en violencia de xénero, o reforzo con persoal psicólogo das Oficinas de atención ás vítimas dos xulgados. Tamén no acondicionamento de espazos diferenciados para as vítimas e promovemos novas tecnoloxías, como a videoconferencia, para evitar aquelas asistencias aos xuízos que sexan prescindibles.

Finalmente, Alfonso Rueda indicou que algunhas das novas medidas que se porán en marcha ao abeiro do Pacto de Estado pasan pola creación dunha quenda de garda psicolóxica, en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia; o Plan estratéxico de apoio aos menores orfos, que inclúe non só unha axuda económica, e habilitarase tamén un Plan de acompañamento e asesoramento a vítima, coordinado con avogados, procuradores e psicólogos.


- Te recomendamos -