Inicio Galicia A Xunta recibiu 50 ofertas para adquirir inmobles nos conxuntos históricos de...

A Xunta recibiu 50 ofertas para adquirir inmobles nos conxuntos históricos de Ferrol, Betanzos, Lugo e Ourense

0

En febreiro pasado a Xunta realizou unha oferta pública de adquisición de inmobles nos catro conxuntos históricos, co obxectivo de adquirir entre 30 e 40 propiedades para a súa posterior rehabilitación

A Xunta comezará o vindeiro luns a execución de actuacións de mellora do firme en puntos localizados da autovía Santiago- Brión (AG-56), para o que será necesario realizar cortes de carrís.

Estas obras, que se desenvolverán dende o luns ata o xoves, están enmarcadas nos traballos ordinarios de conservación das infraestruturas viarias que o Goberno galego vén executando para garantir unhas estradas cómodas e seguras.

Os traballos consistirán na reparación da capa de rodadura naqueles puntos nos que sexa necesaria por mor do seu deterioro. Así, levarase a cabo o fresado e reposición de rodadura en varias zonas do tronco da autovía, nalgúns ramais e nalgunhas glorietas.

As intervencións no tronco e nos ramais da autovía, excepto no de Santiago sur, non afectarán de xeito significativo ao tráfico, xa que se realizarán cortes nun carril e poderase circular polo outro.

As reparacións localizadas no enlace de Santiago sur farán precisos peches ao tráfico nos ramais, polo que se habilitarán percorridos alternativos que estarán debidamente sinalizados. A continuación, no seguinte plano poden consultarse os desvíos que se porán en funcionamento.


- Te recomendamos -