Inicio Galicia A Xunta recibe un premio da Unión Europea polo seu impulso ao...

A Xunta recibe un premio da Unión Europea polo seu impulso ao emprendemento innovador

0

O director de XesGalicia, Fernando Guldrís, recolleu hoxe en Sofía (Bulgaria) o recoñecemento como ‘Best Public Administration for startups’ nos StartUp Europe Awards da Comisión Europea e a Fundación Finnova


A Xunta de Galicia recibiu hoxe en Sofía (Bulgaria) o premio á mellor administración pública para as empresas emerxentes innovadoras (Best Public Administration for startups) nos StartUp Europe Awards, unha iniciativa de innovación aberta promovida pola Comisión Europea e a Fundación Finnova en colaboración con Startup Europe.

O encargado de recoller o galardón foi o director de XesGalicia, Fernando Guldrís, quen salientou que a Administración autonómica ofrece un apoio integral aos emprendedores, que non só inclúe axudas, senón que tamén se ofrece formación e asesoramento especializado a través de iniciativas como a Rede Galega de Aceleradoras, nas que se colabora cos principais sectores estratéxicos da economía da Comunidade, os novos préstamos directos do programa de Instrumentos Financeiros Innovadores (IFIS) ou o financiamento a través de fondos de capital risco.

No acto, que estivo presidido pola comisaria de Economía e Sociedade Dixital, Mariya Gabriel, premiouse tamén ás mellores startups de Europa en 18 categorías, e estivo enmarcado dentro do StartUp Europe Awards Summit onde se asinou unha declaración conxunta para reforzar o ecosistema tecnolóxico innovador en Europa.


- Te recomendamos -