Inicio Galicia A Xunta realizará esta noite traballos de pavimentación na estrada PO-325, en...

A Xunta realizará esta noite traballos de pavimentación na estrada PO-325, en Navia, no concello de Vigo

0

Estes traballos están enmarcados na execución do itinerario peonil e ciclista na estrada PO-325, en Navia, entre os puntos quilométricos 0 e 1+700

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda acometerá esta noite actuacións de pavimentación no marco das obras de construción do itinerario peonil e ciclista na estrada PO-325, en Navia, no Concello de Vigo, entre os puntos quilométricos 0 e 1+700.

Para a execución destes traballos será preciso ocupar un dos carrís da citada estrada, establecendo tráfico alternativo polo outro.

Estes traballos prográmanse en horario nocturno, entre as 22:00 as 10:00 horas aproximadamente, para minimizar a afección aos usuarios desta estrada.

A pavimentación realizarase en zonas puntuais como na área dunha parada de autobús e tamén se reporá o firme en zonas de cruces de canalizacións e naqueles puntos nos que sexa necesario.

Trátase dunha senda que ten como finalidade mellorar a conectividade e os accesos peonís da parroquia de Navia coa Avenida Ricardo Mella. Esta infraestrutura facilitará os desprazamentos cotiás dos veciños, que os poderán realizar dun xeito máis cómodo e seguro.

Leer más:  Incautan 104 litros de licor sin etiquetar escondidos en bidones de plástico en un bar de Santa Comba (A Coruña)

Este itinerario está incluído no Plan de Sendas de Galicia que, para a comarca de Vigo se traduce na execución de 9 proxectos, 12,5 km de itinerarios e un investimento de 5 millóns de euros. 


- Te recomendamos -