Inicio Galicia A Xunta reafirma o seu compromiso coa inclusión real das persoas con...

A Xunta reafirma o seu compromiso coa inclusión real das persoas con diferentes capacidades na sociedade

0

Destaca o importante papel do deporte como ferramenta para acadar este obxectivo 

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, reiterou hoxe o compromiso da Xunta de Galicia para traballar na inclusión real na sociedade das persoas con diferentes capacidades. Fíxoo durante a súa intervención na entrega de premios da liga de fútbol sala e baloncesto Special Olympisc Galicia 2018 que tivo lugar no Colexio La Salle de Santiago de Compostela.

Ildefonso de la Campa salientou o importante papel do deporte como ferramenta para a inclusión, e de eventos como este que organiza Special Olympics en colaboración de Fademga que axudan a normalizar e dar visibilidade á situación das persoas con discapacidade. Así mesmo, explicou que esta gala non solo é un recoñecemento para os participantes, senón tamén para as súas familias, que son un piar fundamental para o desenvolvemento das persoas con diversidade funcional.

Nesta liña, garantiu a continuidade do apoio da Xunta ás entidades e ao resto de colectivos que actúan neste ámbito na procura de avanzar na mellora da calidade de vida das persoas con distintas capacidades. Este compromiso está recollido nos 106 millóns de euros que se destinan a área de discapacidade nos orzamentos de 2019, un 63% máis que hai nove anos. 

Leer más:  El Gobierno central defenderá en el Tribunal de Justicia de la Unión Europea la normativa estatal para la aprobación de proyectos eólicos, según la Xunta

- Te recomendamos -