Inicio Galicia A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de construción...

A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de construción dun itinerario peonil e ciclista entre Tallós e Bexo, no concello de Dodro, cun investimento de 245.000 euros

0

O proxecto prevé a execución de 3 treitos de senda na estrada autonómica AC-305 que completan o itinerario existente na marxe dereita desta vía, entre os lugares de Tallós e Bexo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se aproba o expediente de información pública e o proxecto de construción dunha senda peonil e ciclista na estrada AC-305, entre Tallós e Bexo, en Dodro, cun investimento de 245.000 euros.

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio: https://goo.gl/eLYyLXO Consello da Xunta autorizou a semana pasada o proxecto de decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para a execución deste itinerario.

Esta intervención do departamento de Infraestruturas da Xunta prevé a execución de 3 tramos de senda, que xunto cos tramos xa existentes, permitirán completar un itinerario peonil na marxe dereita da estrada AC-305 entre os lugares de Tallós e Bexo.

As sendas que se van construír suman máis de 1,5 quilómetros e terán 2 metros de largo, iniciándose a actuación á entrada de Tallós, entre os puntos quilométricos 2+450 a 2+570, seguindo de Tallós a Muronovo, puntos quilométricos 2+920 a 3+630, e rematando no tramo de Mo a Bexo, puntos quilométricos 5+155 a 5+875.

Leer más:  Se busca a un hombre por atacar a su pareja en un lugar público en Lugo"

Ademais, colocaranse unha tubaxe para canalizar as augas de drenaxe, así como unha canalización que permita nun futuro a instalación de alumeado se é preciso.

Cómpre lembrar que esta actuación aprobada polo Executivo autonómico se enmarca na estratexia deseñada pola Xunta para a promoción de contornos urbanos seguros, fomento da mobilidade sustentable e a mellora da accesibilidade e calidade de vida da cidadanía.


- Te recomendamos -