Inicio Galicia A Xunta publica no DOG a aprobación da transferencia a prol do...

A Xunta publica no DOG a aprobación da transferencia a prol do concello de Becerreá dun tramo da estrada provincial de Armesto por Torés, ás Nogais

0

O Executivo autonómico autoriza o cambio de titularidade desta vía, que está a ser usada actualmente polos veciños de Armesto para o acceso as súas explotacións

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a aprobación da transferencia a prol do Concello de Becerreá dun tramo antigo da estrada provincial de Armesto, por Torés, ás Nogais, que está dentro do termo municipal do municipio lucense. No seguinte enlace ao DOG, máis información: https://goo.gl/m2rTBnO Concello de Becerreá solicitou á Deputación provincial de Lugo o cambio de titularidade deste tramo do trazado antigo da vía LU-P-0707, que aproba e acepta o cambio de titularidade e solicita a súa vez á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade o cambio de titularidade deste antigo treito, resultante do cambio de trazado da estrada provincial, e que actualmente está a ser usado polos veciños de Armesto para o acceso as súas explotacións.Á vista do informe do departamento de Infraestruturas da Xunta, o Executivo autonómico deu o visto bo ao Decreto que aproba o cambio de titularidade desta vía, en concreto, do antigo tramo da estrada provincial, que ten unha lonxitude aproximada de 373 metros, e está situado na marxe esquerda da vía entre os seus actuais puntos quilométricos 0+226 e 0+340.

A transferencia da titularidade permite ao Concello de Becerreá intervir sobre este treito de estrada, o que facilitará as labores de mantemento da mesma e favorecerá as tarefas da Administración Local con respecto ás necesidades dos usuarios.

Co cambio de titularidade deste tramo, o Concello de Becerreá poderá actuar sobre os elementos que se transfiren, que pasan a ser de titularidade municipal, e xa non serán de aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas, como por exemplo as limitacións de usos ou actividades nas súas marxes ou os accesos, e reducirá as cargas administrativas sobre os cidadáns das zonas polas que discorre.

Os cambios de titularidade tramítanse de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece que deberán ser aprobados por decreto da Xunta, por proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, como órgano competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

O procedemento establecido nesta lei permitiu axilizar este tipo de expedientes, que son beneficiosos para a Xunta ao non ter que explotar a totalidade da vía e para o concello, xa que facilita a xestión e libera aos cidadáns das cargas administrativas que supón a súa consideración como estrada autonómica.

A transferencia a prol da Administración local formalizarase mediante a sinatura da acta de entrega, no prazo dos dous meses seguintes a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. 


- Te recomendamos -