Inicio Galicia A Xunta publica a convocatoria para a creación de 7 novas unidades...

A Xunta publica a convocatoria para a creación de 7 novas unidades mixtas de investigación que mobilizarán 17M?

0

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle esta liña de axudas á que se destinan 5M€ e que, como novidade, valorará especialmente o tratamento que a proposta realice a favor da igualdade de xénero

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a nova convocatoria do programa de Unidades Mixtas de Investigación (UMIs) que posibilitará impulsar 7 iniciativas que mobilizarán 17 millóns de euros e favorecerán a creación de 60 postos de traballo cualificados, contribuíndo a que o talento e a ciencia saian do laboratorio e se instalen na industria.

A iniciativa está dotada con 5M€ e poderán presentarse, para cada proposta, un único organismo de investigación de Galicia e unha única empresa -dúas de xeito excepcional, se son do mesmo grupo-. Entre os criterios de valoración terase en conta a calidade científico técnica das propostas, a súa consonancia cos retos contidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia (RIS 3), a avaliación dos integrantes ou os impactos tecnolóxicos e socioeconómicos, entre outros. Ademais, como novidade, valorarase especialmente o tratamento que a proposta faga pola igualdade de xénero e, en caso de empate, decidirase en favor da que teña implantado un plan de igualdade.

A convocatoria únese á de consolidación, aberta o pasado mes, coa que se espera chegar a cinco das UMIs creadas ao abeiro das convocatorias dos anos 2014 e 2015 cunha dotación de 3 millóns de euros. Mobilizarán ao redor de 10 millóns e permitirán crear ou manter 40 postos de traballo.

Trátase da quinta edición desta iniciativa da Xunta que foi pioneira no seu día e que, xunto coas outras catro edicións, permitirá apoiar 42 proxectos -33 de nova creación e 9 de consolidación, principalmente de sectores como a automoción, a alimentación, o naval, a saúde ou a enerxía-, mobilizar 121 millóns de euros e crear ou manter 550 postos de traballo cualificados, o que favorecerá avanzar na implantación en Galicia dun novo modelo industrial que aporte emprego de calidade, crecemento económico e unha maior competitividade.


- Te recomendamos -