Inicio Galicia A Xunta pon en valor os valores do cooperativismo coa posta en...

A Xunta pon en valor os valores do cooperativismo coa posta en escena dun espectáculo teatral na cidade de Ourense

0

A actividade forma parte da programación que o Goberno galego está desenvolvendo no mes previo ao Día do Cooperativismo Galego, que se conmemora o primeiro sábado de xullo

Ao longo do mes de xuño a Consellería de Economía, Emprego e Industria está a desenvolver en todo Galicia múltiples actividades para amosar á cidadanía o labor que desenvolven, os valores e o funcionamento en xeral das cooperativas, con motivo da celebración do Día do Cooperativismo, que ten lugar cada primeiro sábado do mes de xullo.“A tropa do doutor milagre: Cooperando facemos a viaxe” é o título do espectáculo de artes escénicas da compañía Inventi Teatro que chegará maña, xoves, ás 20.30h á Praza San Martiño de Ourense dentro do programa Cooperativismo en movemento. Con esta iniciativa, promovida polo departamento autonómico dirixido por Francisco Conde, darase a coñecer o mundo das cooperativas e os valores que promove este modelo empresarial.

O obxectivo é achegar ao público os beneficios do traballo conxunto a través dunha espectacular escenografía, música, improvisación, xogo, baile e maxia.

Leer más:  Xunta y organizaciones agrarias llegan a acuerdo por las ayudas directas para granjas afectadas por la EHE

De xeito paralelo, instalarase unha exposición informativa sobre as cooperativas que poderá visitarse no mesmo espazo no que se desenvolverá o espectáculo teatral.

A obra ten unha duración dunha hora aproximadamente e no caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan o seu desenvolvemento ao aire libre, a actuación trasladarase ao auditorio municipal.

Este evento teatral enmárcase na programación que se iniciou nas localidades de Marín e Viveiro, e que terá continuidade o domingo que vén, ás 19.00 horas en Lalín; o día 20 de xuño, as 20.00 horas en Lugo; para rematar o día 27 na Estrada, as 12.00 horas.


- Te recomendamos -