Inicio Galicia A Xunta pon en valor os seu programas de emprendemento e voluntariado...

A Xunta pon en valor os seu programas de emprendemento e voluntariado dirixidos á mocidade no Foro Ferrolterra sustentable

0

A directora xeral destaca o apoio ás iniciativas da xente nova a través de programas como ‘Iniciativa Xove’ ou ‘Galeuropa’, así como coas liñas de axudas destinadas ás entidades de acción voluntaria


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez Suárez, asistiu hoxe en Ferrol ao acto de clausura do I Foro Ferrolterra Sustentable, organizado por Equiocio coa finalidade de que empresas e entidades da comarca falen sobre medidas e propostas para unha xestión respectuosa coa contorna. A xornada desenvolveuse ao longo da mañá nas instalación do Antigo Hospicio Municipal da cidade naval.

Na súa intervención, Cecilia Vázquez felicitou aos organizadores e participantes deste foro como “lugar de encontro e intercambio de experiencias que permite facer unha posta en común entre diferentes axentes en prol dun crecemento e desenvolvemento sustentable”. Así mesmo, destacou a importancia deste evento para que “profesionais e emprendedores compartan información e amplíen os seus clientes potenciais”. De feito, os organizadores facilitaron aos asistentes o networking necesario para desenvolver posibles oportunidades de negocio.

Leer más:  El Gobierno central defenderá en el Tribunal de Justicia de la Unión Europea la normativa estatal para la aprobación de proyectos eólicos, según la Xunta

Por último, a responsable autonómica apuntou que o fomento do emprendemento entre a mocidade, así como da adquisición de coñecementos e habilidades a través da educación non formal e do voluntariado son tres eixes que están moi presentes nas actividades, programas e iniciativas dirixidas á mocidade que desenvolve a área de Xuventude. Programas como ‘Iniciativa Xove’ ou ‘Galeuropa’, así como as ordes de axudas destinadas ás entidades de acción voluntaria son exemplos destas políticas activas do Executivo galego dirixidas á impulsar a participación, a mellora da empregabilidade e a acción solidaria da xente nova.


- Te recomendamos -