Inicio Galicia A Xunta pon en valor o plan de crecemento azul do Porto...

A Xunta pon en valor o plan de crecemento azul do Porto de Vigo e defíneo como ferramenta de desenvolvemento económico do mar de Galicia

0


A secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Isabel Concheiro, destacou hoxe en Vigo a importancia do Plan Blue Growth (Crecemento Azul) 2016-2020 do Porto de Vigo na identificación de novas actividades de desenvolvemento económico e no impulso da compatibilización de usos do campo marítimo. Un plan, expuxo, a través do que se puxeron en marcha distintos grupos de traballo e proxectos nos eidos da competitividade e desenvolvemento económico, da innovación tecnolóxica e da sensibilidade ambiental.

Con el engadiu, céntranse esforzos en tres sectores prioritarios, que son a pesca, acuicultura e marisqueo, a construción naval e o transporte marítimo e o turismo náutico e recreativo. Outros sectores nos que se fai fincapé, segundo explicou a secretaria xeral técnica, son o das industrias marítimas como a biotecnoloxía e as enerxías renovables e o das infraestruturas portuarias. Así o destacou Isabel Concheiro durante a inauguración das VI Xornadas Internacionais Redexmar Estratexia Blue Growth e Dereito do Mar. 

Leer más:  Un velero con tres tripulantes quedó sin timón después de una interacción con orcas en Fisterra y tuvo que ser remolcado

- Te recomendamos -