Inicio Galicia A Xunta pon en valor a contribución das novas xeracións de profesionais...

A Xunta pon en valor a contribución das novas xeracións de profesionais do turismo para reforzar a competitividade de Galicia

0


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, salientaron hoxe o papel estratéxico que as novas xeracións de profesionais do sector do turismo terán no futuro de Galicia como un destino cada vez máis competitivo. Así se puxo en valor en Vigo na súa visita á Escola de Hostelería Harina Blanca, que leva trinta anos formando a profesionais no eido gastronómico e que estes días celebra a apertura do seu novo curso académico.

A visita enmárcase no compromiso da Consellería de Cultura e Turismo por coñecer e recoñecer o traballo do sector, especialmente no eido da formación permanente, unha aposta compartida coa Xunta de Galicia, que dedica ao completo unha das 11 liñas da Estratexia do Turismo de Galicia 2020 a estas accións. Amais, no eido enogastronómico, a Consellería está a traballar no novo Plan de Enogastronomía que potenciará a tradición culinaria da Comunidade así como os seus produtos autóctonos e servirá de útil ferramenta para os profesionais dun sector avalado pola excelencia. Así o acreditan os máis de 50 restaurantes certificados coa Q de Calidade Turística, as máis de 300 festas enogastronómicas, catro delas de Interese Turístico Nacional e unha de Interese Turístico Internacional, os 11 restaurantes con Estrella Michelin, os 22 co distintivo Bib Gourmand ou os 25 soles Repsol cos que conta a Comunidade galega. 


- Te recomendamos -