A última fase do Plan integra 7 liñas, con 40 expedicións de entrada diaria, das que se benefician directamente 420.000 viaxeiros ao ano
A Xunta de Galicia pon en marcha este luns, día 28 de maio, a cuarta e última fase do Plan de entrada dos autobuses interurbanos ao centro da Coruña. Deste xeito, complétase unha iniciativa que resposta á demanda dos veciños da comarca, fomenta o uso do transporte público e reforza o papel da cidade como centro de actividade económica, comercial e social.
Nesta cuarta, e última fase do Plan, se integran 7 liñas, con 40 expedicións de entrada diaria, das que se benefician directamente 420.000 viaxeiros ao ano. En concreto as liñas que entran en funcionamento este vindeiro luns son as seguintes:
- Te recomendamos -