Inicio Galicia A Xunta pon de relevo a aposta pola innovación do forestal galego...

A Xunta pon de relevo a aposta pola innovación do forestal galego nunha visita de empresarios chilenos do sector ao CIS-Madeira

0

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, acompañou aos participantes na iniciativa, organizada pola Federación Empresarial de Aserradoiros e Rematantes de Madeiras de Galicia (Fearmaga)

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, acompañou hoxe a un grupo de empresarios chilenos do sector da madeira durante unha visita ao Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira), situado en San Cibrao das Viñas, na que se puxo de relevo a aposta pola innovación e a mellora en procesos e produtos do forestal galego.

Na visita, organizada pola Federación Empresarial de Aserradoiros e Rematantes de Madeiras de Galicia (Fearmaga), dentro dunha viaxe para coñecer o sector forestal e a industria galega, os empresarios puideron coñecer en detalle o funcionamento do CIS Madeira, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Así mesmo, interesáronse polos distintos proxectos nos que este centro está a participar, entre os que se atopan Valor Nature, de novos materiais, Biomasa AP, de aproveitamentos de residuos agrícolas, especialmente da vide, para conseguir enerxía térmica, ou os que se desenvolven no ámbito da madeira estrutural e a rehabilitación.

Dentro da viaxe organizada por Fearmaga está prevista para hoxe unha visita a Arman Industria del Mueble, situada tamén en San Cibrao das Viñas, e a Maderas Ojea, no Carballiño. 


- Te recomendamos -