Inicio Galicia A Xunta pon á disposición das persoas que viaxan a bordo do...

A Xunta pon á disposición das persoas que viaxan a bordo do barco Aquarius material de primeira necesidade

0

Concretamente, o Goberno galego colaborará con 354 kits hixiénicos familiares e 18 kits hixiénicos unisex para facer fronte ás primeiras necesidades hixiénicas das persoas que chegarán a Valencia

A Xunta de Galicia pon a disposición das persoas que viaxan a bordo do barco Aquarius material de primeira necesidade en canto cheguen ao Porto de Valencia.

O Goberno galego, a través de Farmamundi colaborará coa Generalitat Valenciana no operativo que se está a preparar ante a chegada ao Porto de Valencia dos 629 inmigrantes que viaxan a bordo do Aquarius e dos dous buques da Garda Costeira italiana que o acompañan.

Concretamente, a Xunta de Galicia colaborará coa posta a disposición do operativo de 354 kits hixiénicos familiares e 18 kits hixiénicos unisex para facer fronte ás primeiras necesidades hixiénicas das persoas que chegarán a Valencia. Ditos kits hixiénicos teñen a finalidade de cubrir as necesidades de hixiene dunha familia de 5 membros durante 40 días.

O material ofrecido atópase almacenado no Centro Loxístico que Farmamundi ten en Paterna, Valencia. A través dos convenios que a Xunta de Galicia ven asinando anualmente de forma ininterrompida con esta ONGD dende o ano 2009, vaise dotando materialmente un fondo de emerxencias que permita dar resposta rápida ás crises humanitarias ou a emerxencias que poida acontecer.


- Te recomendamos -