Inicio Galicia A Xunta participa na reunión do grupo de traballo de educación e...

A Xunta participa na reunión do grupo de traballo de educación e universidades da Macrorrexión RESOE, que procura novas iniciativas de cooperación no eido educativo e da innovación

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participaron na reunión xunto a reitores de Castela-León, norte e centro de Portugal, Asturias e Cantabria


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participaron na reunión do grupo de “Educación, Universidades e Investigación” da Macrorrexión do Suroeste Europeo (RESOE), que se celebrou coincidindo cunha xuntanza da Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste de Europa (CRUSOE).

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda destacou a importancia e relevancia da cooperación interrexional entre as Universidades da RESOE, que despois de oito anos de crear unha avanzada fórmula de cooperación interrexional seguen impulsando actividades para seguir na senda da construción dun modelo social e económico cada vez máis consolidado e cohesionado nas rexións que conforman o organismo.

Alfonso Rueda indicou a intención de estender a toda a Macrorrexión o programa de cooperación Iacobus, que agora levan a cabo as universidades de Galicia e do Norte de Portugal, e que tan bos resultados está acadando. Ademais, no seo da reunión, abordáronse novas medidas e novos proxectos, como a elaboración dunha estratexia de especialización intelixente macrorrexional, RIS3, na que participan todas as universidades que a integran.

Leer más:  El BNG reclama al Gobierno central que renueve y amplíe el parque móvil ferroviario de Galicia

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, salientou a importancia desta especialización intelixente para lograr “unha universidade definida pola eficiencia, pola equidade, pola especialización e pola excelencia”. Neste sentido lembrou que desde o seu departamento se promove un modelo de colaboración a longo prazo no Sistema Universitario de Galicia (SUG), entre os campus e as institucións públicas e privadas, empresas, produtores e asociacións profesionais. “Deste xeito, cada un dos nosos campus especializados pode presentarse como un provedor de servizos de excelencia nas súas áreas temáticas”.

En relación coa Macrorrexión, a conselleira recordou que precisamente unha das súas áreas prioritarias de actuación é a excelencia no ensino superior e a investigación e que a Conferencia de Reitores Universitarios do Suroeste Europeo (CRUSOE) procura acordos entre os centros universitarios destas rexións para facelos máis fortes e competitivos. Neste sentido valorou positivamente as sinerxías que pon a disposición a RESOE, “a visión das diferenzas e da diversidade de cada unha das rexións como fortalezas, como unha oportunidade única para crecer”.

Leer más:  Se está investigando a un residente de Noia (A Coruña) después de descubrir una plantación de marihuana en una finca contigua a su casa

Dende que botou a andar a Macrorrexión, primeiro con Galicia, Castela e León e o norte de Portugal, aos que se foron sumando o Principado de Asturias, Cantabria e a Rexión Centro de Portugal, houbo importantes avances mediante o traballo conxunto en ámbitos como as infraestruturas, a competitividade industrial, o turismo, o Xacobeo ou as boas prácticas, especialmente no ámbito educativo, onde as universidades teñen posto en marcha numerosas iniciativas de cooperación. 


- Te recomendamos -